|
CESGA: Nova actualización da Cambridge Structural Database (CSD) |
|
Fonte: CESGA
O día 26 de Maio de 2009, instalouse a actualización de Maio de 2009 da
base de datos do CSD, contendo 10821 novas estruturas, o que supón un
total de 483021 entradas na base de datos.
A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle
información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos
orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de raios X e
difracción de neutróns.
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos.
Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen en sínteses ou
caracterización de estruturas moleculares e necesiten comparar con
estruturas identificadas en bibliografía.
Información adicional: visite http://www.ccdc.cam.ac.uk/products/csd
Máquina de acceso: svgd.cesga.es
|
|
Modificado el ( jueves, 28 de mayo de 2009 )
|