• galego
  • español
  • english
Universidad de Santiago de Compostela Universidade de Coruña Universidade de Vigo Centro de Supercomputación de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

próximos eventos

administración

cheap cigarettes

 

Benvido ó portal da Rede Galega de Bioinformática (RGB), núcleo central das actividades da Rede.

 

A RGB é unha iniciativa que ten como obxectivo estructurar e integra-las actividades de investigación e docencia en Bioinformática e Biocomputación que se realizan en Galicia. Desta forma pretendemos favorece-la cooperación e competitividade nesta área de máximo interese da investigación en Bioloxía e Biomedicina. Para acadar este obxectivo, partiuse dunha iniciativa anterior, revisouse a situación actual da Bioinformática en Galicia e elaborouse un documento que define as necesidades e as acciones propostas para cubrilas. Desde septembro de 2007, e por un período mínimo de 2 anos (prorrogables a un terceiro), a RGB conta cunha financiación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do programa de "Estructura de investigación en rede".

 

Moitos investigadores mostraron xa o sue interese en participar desta iniciativa a través do formulario de rexistro, que manterase aberto indefinidamente a fin de poder manter un catálogo actualizado de investigadores en Bioinformática e Biocomputación cun vínculo directo á nosa Comunidade Autónoma Galega. Se cumples estos requisitos, invitámoste a rexistrarte para estar informado e participar nas actividades da RGB.

 
 

redifusión

feed image
feed image